NON AO GOLPE CONTRA O POBO NO BRASIL, por Bloco Nacionalista Galego

A Presidenta do Brasil Dilma Rousseff foi destituída polos Senado consumándose así o golpe de estado institucional posto en marcha hai uns meses. Con esta decisión a dereita brasileira quere poñer fin a unha etapa na que os gobernos progresistas, primeiro con Lula e agora con Dilma, puxo en marcha medidas que melloraron en moito as condicións de vida de millóns d e brasileiros e brasileiras e situaron a Brasil a carón de outros gobernos progresistas, asumindo un papel fundamental tanto na rexión como a nivel mundial.
A destitución de Dilma Rousseff é un duro golpe para a democracia e supón o desprezo do Senado brasileiro á decisión de 54 millóns de brasileiros e brasileiras que votaron a Dilma como a súa presidenta.
O BNG fai público unha vez máis o seu apoio á presidenta lexítima do Brasil e ás organizacións políticas, especialmente ao PT e ao PCdoB, e sociais que se enfrontaron ao golpe e que estamos certos de que seguirán na loita defendendo a democracia fronte aos golpistas.
O BNG advirte que acontecementos do Brasil non son un feito illado senón que forman parte da estratexia despregada polos imperialismo en diversos países de América Latina para desestabilizar os gobernos progresistas.
Galiza, 30 de Setembro de 2016
Montserrat Prado Cores
Área de Relacións Internacionais
Bloco Nacionalista Galego